MÉXICO 1959/68


Finou en México con 97 anos Elixio Rodríguez, cofundador da revista Vieiros e do Padroado da Cultura Galega en México (10-Xullo-2007)

O luns 9 de xullo morreu en México, con 97 anos, o
histórico galeguista Elixio Rodríguez Domínguez.
Elixio Rodríguez, nado un 4 de xaneiro en Grou (Loibos) e veciño de Bande, iniciouse no galeguismo da mán de
Vicente Risco e Otero Pedrayo en Ourense cando só era
un adolescente.
Ingresou sendo mozo no Partido Galeguista e foi fundador das Mocidades Galeguista de Bande, polo que foi detido e encarceado no mosteiro de Celanova pola Garda Civil no comezo do alzamento militar do 36.
 En febreiro do 37 alístase na lexión Cóndor, da que fuxe cara a Xibraltar un mes máis tarde para sumarse á aviación republicana, onde estivo acusado de espionaxe para o enimigo.
 Grazas a Castelao e outros deputados galegos que intercediron por él librouse dunha clara pena de morte. Pasou o resto da guerra en Barcelona, tras a caída de Cataluña pasou a Francia, e de aí a Veracruz (México) o 13 de xullo de 1939.
En México mantivo a militancia no Partido Galeguista no exilio. O 29 de xuño de 1953 participou na fundación do Padroado da Cultura Galega, e en 1958, xunto a
Carlos Velo, Luis Soto e Florencio Delgado Gurriarán, alentará a aparición da revista Vieiros.
 En 1994 publica na editorial Xerais o libro de memorias, Matádeo mañá, unha memoria lúcida do exilio galego en México e unha grande aportación á memoria colectiva de Galicia.


Marzo 2007
Xaneiro 2007
Fervenzas Literarias