Ánxel Casal |
Ánxel Casal Gosenge, naceu en Betanzos o 17 de decembro de 1895.
En 1909 emigrou a Bos Aires. Volveu á Coruña e traballou no consulado francés.Pouco máis tarde volveu emigrar, desta vez a Bordeos. Uniuse á Irmandade da Fala da Coruña, colaborou no Conservatorio da Arte Galega e foi o primeiro mestre da Escola do ensino galego das Irmandades.
Casou con María Miramontes. En 1924, colaborando con Leandro Carré Alvarellos, fundou a Editorial Lar e Editorial Nós, da súa imprenta saíron A Nosa Terra e a revista Nós. ( resume de maneira máis áxil estas catro liñas anteriores)!!!!!
A súa actividade como libreiro e impresor serve para explicar o galeguismo entre os composteláns. Coa súa imprenta gañouse o respecto dos grupos que constituían a Fronte Popular. Foi editor e impresor das revistas Claridad e Ser .
Militante Partido Galeguista e pertencente á Masonería, foi alcalde de Santiago e vicepresidente do Comité executivo para o Estatuto de Autonomía. Como alcalde impulsará a iniciativa de crear a Asociación de Escritores de Galicia. O 16 de xullo de 1936 entrega o texto estatutario. Co golpe de estado regresa a Compostela e tras o trunfo da sublevación militar escapou para a Vilantime (Arzúa). Foi detido o 4 de agosto, aínda que hai quen di que ese día foi o día en que o mataron, e paseado o 19 de agosto, o seu corpo apareceu nun foxo de Cacheiras.
No seu recoñecemento ten en Santiago de Compostela unha biblioteca co seu nome. En 2006 foi presentado para o día das letras galegas, pero ao final foi escollido Manuel Lugrís Freire.
Biblioteca Ánxel Casal de Santiago de Compostela |