XOSÉ VELO

Xosé Velo

Xosé Velo naceu en Celanova o 21 de abril de 1916.Estudiou Filosofía e Letras e dous cursos de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela. Militou activamente na Federación de Mocedades Galeguistas, da que foi elixido secretario xeral na II Asemblea da Federación (1935), compartindo labores de dirección con Celso Emilio Ferreiro.
  Ó finaliza-la Guerra Civil, a súa actividade política trasladouse á clandestinidade en Vigo, onde abriu un colexio no que impartiu clases de Matemáticas. En 1944 foi detido pola Garda Civil, pero non tardou en saír dela. Ó saír do cárcere escondeuse durante ano e medio en Celanova (Ourense), saíndo en 1947 cara a Portugal, onde foi detido pola policía política portuguesa, aínda que non foi extraditado a España. O presidente de Venezuela entregoulle un pasaporte de urxencia e en 1948 retomou en Caracas a súa actividade docente dirixindo o colexio Orto. 
 Seguiu realizando unha intensa vida política, cultural e asociativa, participou en "Galeuzca"  (Galicia, Euskadi e Catalunha), presidiu o Lar Galego, colaborou en radio, etc. A principios de 1961 exiliouse en Brasil despois de planea-lo secuestro do transatlántico "Santa María" (en xaneiro de 1961, o luxoso transatlántico español "Santa María" foi secuestrado por el DRIL -Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación-,un comando revolucionario formado por españoies e portugueses coa finalidade de denunciar as ditaduras de Franco en España e de Salazar en Portugal, e así capturar  a atención mundial). En 1964, abriu en Sao Paulo a librería "Nós", que máis tarde se transformou na editorial "Publicación Galicia Ceibe". Fundou e dirixiu a revista "Paraíso 7 días" da que saíron soamente 5 números.
 Morreu o 31 de xaneiro de cancro de pulmón.