Escritor galego, Silvio Santiago viviu de primeira man o exilio dos intelectuais galegos, xa que el era un deles. Logo da morte do seu irmán e coa chegada da Guerra Civil, Silvio decidiu marchar a Portugal e dende alí a Cuba e posteriormente a Venezuela.
Casa Galicia, fundada por S. Santiago |
Aqui foi onde Silvio comezou a desenvolver a súa actividade ca cultura galega. Primeiro creou o Centro Galego e dirixiu a Casa Galicia. Tamén un programa radiofónico chamado Hora de Galicia. Participou en varias revistas como, por exemplo, Galicia ,do Centro Galego de Caracas (1952). Publicou Vilardevós, obra que rapidamente se converteu nun clásico da narrativa galega, tamén publicou O silencio redimido. E posteriormente Noticia Previa e Reencontro co lector obras menos recoñecidas cas anteriores.
No comezo dos anos sesenta ca fin da Guerra Civil, Silvio regresa a Coruña, e máis tarde a Santiago. No 1974 morre en Santiago Silvio Santiago unha das figuras da literatura galega no exilio .